Como xa sabedes, o próximo 8 e 9 de maio terá lugar, no Balneario de Lugo, a I Escola de Formación Feminista Corona González. Animádevos, que aínda estades a tempo!!

A cita está aberta a todas as persoas que o desexen. O prezo é de 59 euros (50 para socios e socias) e inclúe o aloxamento da noite do 8 de maio, o almorzo do día 9 e un circuíto termal con sauna seca, sauna húmida, contrastes de auga fría e quente, piscina termal, jacuzzi e sillóns térmicos nos que se aplicará un bálsamo relaxante nas pernas. A data límite para anotarse é até o próximo luns 26 de abril e se poderá facer a través do mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627037668

Programa:

Sábado 8 de maio:

16.00h: recepción

16.00 – 17.00h: presentación

17.00 – 18.30h: Obradoiro formativo sobre “Feminismos e Movemento Feminista”

18.30 – 19.00h: pausa – café

19.00 – 21.00h: circuíto termal

Domingo 9 de maio:

10.30-12.00: Obradoiro formativo sobre “A Saúde desde a Perspectiva de Xénero”

12.00h: pausa – café

12.30 – 13.30h: Obradoiro formativo sobre “As Violencias de Xénero”

13.30: Clausura da I Escola de Formación Feminista Corona González

Esperámosvos!

One Response to “Aínda estades a tempo de apuntarvos na I Escola de Formación Feminista Corona González”
  1. Xavier Says:

    Boas. Era só para transmitir a miña ledicia e o meu entusiasmo por ter participado na primeira Escola de Formación Feminista Corona González, e polo tanto tamén para felicitar ás organizadoras, a vós. Non esaxero: para min foi estupenda, moi interesante e participativa. Aprendín moito e os debates foron moi interesantes. Conclúo coa necesidade de que o feminismo se manteña vinculado ás demais loitas de transformación social, aos demais movementos que combaten as dominacións existentes dentro do sistema capitalista. Acabar coa dominación patriarcal debe ir parello a acabar coa dominación cultural, lingüística, racial, sexual, …
    Nese camiño seguiremos compartindo encontros e momentos tan frutíferos e agradábeis coma os desta fin de semana en Lugo. Parabéns e apertas!