E para o próximo mes de maio….a I Escola de Formación Feminista Corona González.  Terá lugar os días 8 e 9 de maio no Balneario Hotel de Lugo.

Queríamos conxugar os momentos de ocio coa formación e para iso nada mellor que a I Escola de Formación Feminista Corona González, unha cita diferente que servirá para que todas as persoas que o desexen aproveiten a fin de semana para formarse en cuestións de xénero e igualdade ao tempo que se relaxan e desfrutan dos beneficios das augas termais.

O programa é o seguinte:

Sábado 8 de maio:

16.00h: recepción

16.00 – 17.00h: presentación

17.00 – 18.30h: Obradoiro formativo sobre “Feminismos e Movemento Feminista”

18.30 – 19.00h: pausa – café

19.00 – 21.00h: circuíto termal

Domingo 9 de maio:

10.30-12.00: Obradoiro formativo sobre “A Saúde desde a Perspectiva de Xénero”

12.00h: pausa – café

12.30 – 13.30h: Obradoiro formativo  sobre “As Violencias de Xénero”

13.30: Clausura da I Escola de Formación Feminista Corona González

A cita está aberta a todas as persoas que o desexen. O prezo é de 59 euros (con desconto do 15 % para socios e socias) e inclúe o aloxamento da noite do 8 de maio, o almorzo do día 9 e un circuíto termal con sauna seca, sauna húmida, contrastes de auga fría e quente, piscina termal, jacuzzi e sillóns térmicos nos que se aplicará un bálsamo relaxante nas pernas. A DATA LÍMITE PARA ANOTARSE é até o próximo LUNS 26 de ABRIL e se poderá facer a través do mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627037668.

Animádevos a unha fin de semana diferente!

Comments are closed.