Goretti Sanmartín e Olga Castro estiveron no pub Panadeiras de San Cibrao este venres 23 de outubro para debater sobre a cuestión da lingua desde unha perspectiva de xénero, dentro do ciclo de charlas-café FALEMOS DE…

Co título de “XÉNERO E IDIOMA: QUEREMOS GALEGO, QUEREMOS IGUALDADE!” ambas as dúas expertas reivindicaron a unión da causa a prol do galego e da causa feminista. Así, abordaron cuestións como a influencia que ser muller ou home ten nos usos lingüísticos do galego, a importancia de que as políticas de normalización lingüística do galego teñan en conta as pautas de linguaxe non sexista, a violencia que supón culpabilizar ás mulleres da perda de falantes pola non transmisión interxeracional da lingua ou a tamén actitude violenta de negarlles ás nenas (máis cós nenos) a aprendizaxe da lingua propia.

goretti&olga

P1020386

goretti sanmartín e olga castro

goretti sanmartín e olga castro

P1020380

One Response to “O debate lingüístico desde a perspectiva de xénero”
  1. Observatorio da Mariña pola Igualdade » Blog Archive » Falemos de…Mulleres e saúde: a Endometriose Says:

    […] a debate” e “Mulleres e deporte” en Burela, “A segregación por sexo nas aulas” en Foz e “Xénero e idioma” en San […]