Entre o pasado mes de marzo e a primeira semana de abril tiveron lugar os obradoiros Dándolle a Volta no IES Marqués de Sargadelos, en San Cibrao (Cervo).

Dándolle a Volta” é un proxecto do  Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coa Fundación Obra Social La Caixa que pretende abordar nos diferentes IES da Mariña as desigualdades existentes entre homes e mulleres na sociedade actual. O  obxectivo principal é favorecer e proporcionar un coñecemento crítico sobre os mecanismos de transmisión de roles e estereotipos na sociedade que nos leven a identificar as causas da violencia contra as mulleres, os modos nos que se dá e as posibles abordaxes para traballar a súa prevención.

En San Cibrao traballouse con alumnado de 3º e 4º da ESO e tratáronse varios temas como a construción da identidade de xénero, os  roles e estereotipos sexistas, a análise dos medios nos que nos socializamos e a violencia nas relacións. Para elo, traballouse co alumnado presentándolle diverso material que deu lugar á reflexión e ao debate, resultando a experiencia moi positiva.

O próximo mes de maio os obradoiros Dándolle a Volta percorreran outros centros da Mariña de Lugo! Manterémosvos informad@s!!

 

One Response to “Dándolle a Volta estivo no IES Marqués de Sargadelos, en San Cibrao”
  1. Observatorio da Mariña pola Igualdade » Blog Archive » Dándolle a Volta chega ao seu fin! Says:

    […] a cabo por diversos IES da Mariña de Lugo a campaña Dándolle a Volta. Xa vos falamos da experiencia no IES Marqués de Sargadelos, de San Cibrao, e agora  – durante o mes de maio – tocoulle o turno ao IES Perdouro de […]