Archive for Agosto, 2009

O Observatorio da Mariña pola Igualdade pon en marcha unha campaña co obxectivo de aumentar o número de socias e socios na súa organización, así como dar a coñecer a toda a cidadanía as actividades e proxectos que leva a cabo.

Ao tratarse dunha asociación sen ánimo de lucro, é necesario contar con moitos puntos de apoio para poder seguir desenvolvendo toda a proposta de intervencións e accións que van encamiñadas a conseguir sociedades máis xustas e igualitarias.

Por iso che agradecemos a túa colaboración. Soamente tedes que cubrir os datos do arquivo adxunto imprimir a folla e mandala ao  seguinte enderezo :

Observatorio da Mariña pola Igualdade

Avda. Rosalía de Castro nº 10, 3º N.

CP.27700 Ribadeo, Lugo.

Ou ben, escanear dita folla e mandala ao seguinte enderezo: observatorioigualdade@gmail.com

 

 faite_socia_web_v2