Archive for Xullo, 2009

O Centro “QUÉROTE” de Burela convidou ás membras do Observatorio da Mariña pola Igualdade a participar no Obradorio de “Erótica feminina” que se levou a cabo o xoves 23 ás 20h na Casa da Xuventude de Burela.

As participantes falaron, entre outras cousas, da súa sexualidade como mulleres e dos mitos que aínda existen sobre a sexualidade feminina. Tamén coñeceron máis a cerca o autoerotismo e os instrumentos do pracer (dildos, vibradores…) 

Este obradoiro é una das tantas propostas das que poden gozar aquelas persoas que decidan facerse membras do Osbservatorio.

Aínda que xa existe a posibilidade de rexistrarse como socia/o, o 7 de agosto presentarase oficialmente a campaña de afiliación xunto coas actividades para o último trimestre de 2009.

dscn08101dscn0811dscn0812dscn0813


A asociación feminista, Observatorio da Mariña pola Igualdade, levou unha vez máis os seus talleres de prevención e eliminación de estereotipos e atitudes sexistas a novos puntos da Comarca da Mariña Lucense.

Puxéronse en marcha varios obradoiros dirixidos a nenos/as de 6-14 anos nos que se traballou dende unha perspectiva de xénero. Debatindo e reflexionando sobre as cuestións que atinxen á identidade másculina e feminina que se foron  forxando ao longo das nosas vidas.
Para isto, traballouse atendendo a especifidade de cada grupo e a súa idade. Fíxose dunha maneira lúdica e maneira informal, na que os/as nenos/as viviron unha xornada divertida pero ao mesmo tempo reflexiva.

O encontro enmárcase dentro do programa de Educación Familiar que ten posto en marcha o concello de Viveiro e que de maneira extraordinaria dá cobertura e atención a aqueles nenos e nenas que máis poden necesitar dun recurso de atención nestes  meses de verán.

Esta colaboración establécese dunha maneira excepcional. De cara o vindeiro ano escolar o Observatorio pretende ofertar unha serie de obradorios dentro dun programa marco de prevención.
100_1961100_1960100_1957100_1911100_1907100_1903100_1898