Archive for Xuño, 2009

A cervexaría Tapiñas de Burela acolleu na noitiña do xoves día 25 de xuño a segunda sesión co ciclo de charlas-café organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, co tema “FALEMOS DE… O ABORTO A DEBATE!”. Nun ambiente do máis ameno e acolledor, máis de 30 persoas escoitaron e tomaron parte dun debate moi participativo coa histórica do feminismo galego Lupe Ces e con Mariola Mourelo (ambas as dúas da Marcha Mundial das Mulleres), Beni Martínez  (sexóloga e matrona) e Luísa González (xurista especializada en xénero, ademais de fundadora e presidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade). O debate prolongouse até case as once da noite.

Charla-Café "Falemos de... O aborto a debate" 2

Charla-Café "Falemos de... O aborto a debate!" 1

Charla-Café "Falemos de... O aborto a debate" 3


Burela acolle este xoves a segunda sesión do ciclo de charlas-café , FALEMOS DE…., o acto que terá lugar a partir das 20:30 na Cervexaría Tapiñas , contará coa participación de Luisa González , xurista especializada en temas de xénero e presidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade, Beni Martínez, sexóloga e matrona , así como dúas membras da Marcha Mundial das Mulleres en Galiza , Mariola Mourelo e Lupe Ces , que explicarán o posicionamento da súa organización sobre este tema e a traxectoría de traballo sobre o mesmo ao longo de todo este tempo.

falemosde_aborto-colgar5

 

 

 

 


Desde o Obsrevatorio facemos unha valoración moi positiva da xornada, xa que superamos o aforo previsto chegando a reunir a máis de 20 persoas. O interese suscitado pola temática quedou tamén en evidencia, xa que o debate posterior ás intervencións das dúas relatoras charla-café prolongouse desde as 20.30 até pasadas as 23 horas da noite, ao que sen dúbida contribuíu o espazo agradábel e ameno creado polo formato da charla (ter a posibilidade de tomar algo mentres se pelprogre3articipaba no debate).

dscf41004 

 

 

 

 

elprogre2 

 

 

 

 

 


O TEMA DA PRIMEIRA XORNADA SERÁ A REPERCUSIÓN DA CRISE ECONÓMICA NAS MULLERES, E CONTAREMOS COA PRESENZA DA ECONOMISTA E PROFESORA DA USC MARÍA DO CARME GARCÍA NEGRO E MÁIS DA SOCIOLÓGA ANA TOURIÑO

Este venres 19, ás 20.30 horas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade inaugura en Ribadeo o ciclo de charlas-café FALEMOS DE…, unha actividade a través da que periodicamente se debaterán en diferentes vilas da comarca sobre temas relevantes para avanzar cara á igualdade de xénero. Deste xeito, o Observatorio quere afondar no seu obxectivo de dar a coñecer as problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres da comarca, enfocando a realidade da nosa contorna desde unha perspectiva de xénero que teña en conta as particularidades coas que mulleres e homes vivimos cada situación social. Xa que logo, as charlas-café están abertas a toda a cidadanía, desde o convencemento de que o que resulta de interese para a metade da poboación que son as mulleres, é de interese para toda a sociedade.

Boa mostra deste obxectivo é o tema escollido para a primeira charla-café, no que Mª Carme García Negro, economista e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e máis a socióloga Ana Touriño abordarán A REPERCUSIÓN DA CRISE ECONÓMICA E FINANCEIRA SOBRE AS MULLERES. Así pois, aplicarán un enfoque de xénero sobre un tema como a crise que, cando se usa en xeral e sen máis cualificativos, tende a concibirse desde unha perspectiva exclusivamente masculina, sen ter en conta como a crise está a afectar de forma moi diferente a mulleres e homes. A actividade resulta innovadora de seu na nosa comarca, pero ademais presenta o aliciente de ter un formato ameno e participativo. Así, lonxe de ter formato de conferencia convencional, o ciclo de charlas-café FALEMOS DE… busca a interacción das relatoras cos homes e mulleres do público nun ambiente agradábel e acolledor, onde ao mesmo tempo que se escoitan as intervencións se poida tamén tomar unha consumición.

Cartel de Ciclo Charlas-Café: Crise Mulleres

Cartel de Ciclo Charlas-Café: Crise Mulleres



 

Despois de meses de andaina, o Observatorio pon punto e á parte na campaña desenvolvida polos centros de ensino da comarca da Mariña.

A campaña DÁLLE A VOLTA xurdiu co obxectivo de achegarnos á mocidade e invitala a reflexionar sobre os modelos sexistas existentes na nosa sociedade. Para isto leváronse a cabo obradoiros nos diferentes IES, charlas e máis un reparto do material informativo que desde o Observatorio elaboramos para este fin.

O proceso de socialización diferenciada vixente aínda na nosa cultura segue a perpetuar roles e  estereotipos que coartan as liberdades individuais dos nenos e das nenas. Para pórlle punto e final a esta situación é necesario promover espazos onde poder reflexionar sobre as nosas identidades como mulleres e como homes, deconstruírnos e volver repensar como queremos que sexan as nosas vidas e os camiños que queiramos tomar.

A etapa da adolescencia é unha etapa con moitos cambios, sobre todo a nivel psíquico e de interpretación da realidade. É por isto que non podemos deixar de incidir nas mozas e mozos que serán persoas adultas o día de mañá.

A campaña desenvolveuse polos IES de Xove, A Pontenova, Burela, Viveiro, Foz, Ribadeo, Alfoz, Cervo e Mondoñedo. En todos estes centros tivo moi boa acollida, por parte de toda a comunidade educativa que os conforman.

En breve esperamos poder seguir traballando para levar a igualdade real a todos os espazos e centros, xa que  o traballo desde estas idades é  fundamental para construírmos, como queremos, sociedades máis igualitarias.

diptico_dalleavolta_exteriordiptico_dalleavolta_interior