Archive for Marzo, 2008

O pasado sábado 8, DÍA DA MULLER, presentouse en Ribadeo o Observatorio da Mariña pola igualdade. Á cita acudiron moitas mulleres e algún home, e xerouse un ambiente de traballo que nos dá confianza e moitos folgos para levar adiante as actividades que temos previstas para os vindeiros meses. Aquí deixamos algunhas fotos para que teñades constancia gráfica do momento. Grazas a todas e todos.


Coincidindo co Día da Muller, este sábado 8 de marzo preséntase en Ribadeo o OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE, unha organización feminista integrada por mulleres da Mariña lucense que nace co obxectivo de traballar pola igualdade entre mulleres e homes dende a nosa comarca e a prol do empoderamento das mariñás. Convidámoste a unirte! O acto será na Casa das Letras ás 13 horas. Agardámoste!